A gran estrea da Lethes Cup

Galería de imaxes da primeira Lethes Xuvenil Cup disputada en Xinzo entre o 30 e o 31 de agosto de 2025.

Clasificación do torneo:

  1. Pabellón Ourense
  2. Antela
  3. Barbadás
  4. Velle
  5. Raio 21
  6. EDC Xinzo
  7. Cented
  8. Verín
  9. Purísima
  10. Celanova
  11. Maceda
  12. Pereiro de Aguiar

O Antela F.C. agradece o apoio e a presenza das concelleiras de Deportes de Xinzo, Cristina Campero, e de Asuntos Sociais, María Ángeles Martínez, e do concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, un habitual na Moreira. Así como do concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira. Tamén agradece a participación dos representantes e xogadores dos once clubs convivados. E, especialmente, agradece á Federación Galega de Fútbol o esforzo para conseguir unha maioría de árbitras mulleres, que era un dos obxectivos do torneo, o fomento da igualdade como parte dos valores a promover desde a categoría xuvenil.

Todo o noso agarimo á familia de RAMÓN DE LA FUENTE, polo legado e por seguir acompañando o club polo que tanto loitou don Ramón.

📷 Pablo Losada Gil.

A Moreira, durante a final do domingo.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario