A Liga de Preferente comezou para o Antela de Bruno Gómez en Coia (Vigo) cun empate diante do Alertanavia. Tiago Teixeira, titular, foi expulsado no minuto 85 de partido tras recibir a segunda amarela. Con Pedro no banquiño, Xabi Lamas foi capitán. Charli, Kandeh, Pucho e Peruzzo foron as novidades no once a respecto da tempada pasada. A próxima fin de semana visitará A Moreira o Atios, que hoxe gañou o seu partido contra o Vilalonga (1-0).
Resultados e clasificación: AQUÍ.