Con goles de Álvaro no seu debut e David, ambos na primeira metade, o Antela Xuvenil gañou en Monforte na estrea na Preferente Futgal un partido que se complicou na segunda metade, cando os locais dominaron o xogo a base de impoñer o seu físico e recortaron moi cedo a vantaxe dos limianos.
Se na primeira parte o Antela despregou o mellor fútbol con Anxo Calleja liderando a ofensiva ben acompañado por Joga e cun escudo no medio campo (Bechiki e Fabián); na segunda Calleja viuse obrigado a pelexar só contra a defensa contraria cos seus botados atrás, mais sempre ordenados baixo a dirección de David e Lucas Carnero.
Os debutantes pasaron o exame con nota, e con mención especial para Blanco (rapidisimo), Bechiki (un diamante), Joga (extremo con clase e disposición ao traballo) e Álvaro (polo gol).
A próxima semana o Antela Xuvenil recibirá ao Pabellón B.
Resultados e clasificación: AQUÍ.