O Antela de Bruno Gómez xogou de cara contra o Atios (0-0) e sumou un punto no debut de Couto e Negrete, que aumenta a confianza do equipo neste arranque de Liga. Partido con boa entrada na Moreira que será de novo o escenario do choque do próximo domingo (día da Saínza) contra o Beluso.
Couto aliñouse como central e Pucho foi desprazado ao lateral nunha defensa que mudou pola baixa de Tiago. No centro do campo, Peruzzo, Kandeh e Xabi Lamas (o novo capitán) empezan a tempada a gran nivel, mentres que adiante o adestrador elixiu hoxe aos dous Carlos e ao colombiano Negrete, que deron batalla malia a ausencia de goles.
O Antela é décimo terceiro con dous puntos nunha clasificación que lidera o Valadares, con seis, único equipo capaz de gañar os dous primeiros choques.
Resultados e clasificación: AQUÍ.
