Antela, 3; Beluso, 0.

O Antela sumou os seus primeiros 3 goles na Liga e a primeira vitoria do curso nun partido ben xogado contra o Beluso, que apenas opuxo resistencia nos primeiros corenta e cinco minutos, mais no inicio do segundo período puido igualar o gol de Carlos e repoñerse.

Non o consentíu Bruno Pío, que recibíu un golpe na cabeza na xogada que un compañeiro sacou a pelota que se colaba na meta local. Até ese momento, o Antela foi moi superior, presionando arriba e creando ocasións dabondo despois do magnífico tanto de Carlos no minuto 23. O propio Carlos, Pedro e Lois tiveron oportunidade de aumentar a vantaxe.

O gol de Carlos -tras unha boa acción de Pedro que aguantou o balón até topar un compañeiro desmarcado- veu nun recorte cara a fóra no pico da área que perfilou ao dianteiro para remtar duro e a media altura. O tanto afirmaba a superioridade local e castigaba a timidez ofensiva do Beluso.

No arranque da segunda parte Bruno Pío e a defensa fixeron o seu traballo para aguantar o primeiro empurrón visitante. Pasados os apuros, Pedro volveu servir un pase para Carlos nun saque de falta rápido. Esta vez o dianteiro resolveu nun man a man diante do porteiro ao que venceu por baixo. Menos de dez minutos despois, Pedro recolleu un balón largo entre protestas da defensa pontevedresa por posíbel fóra de xogo e non perdoou.

O Antela chega invicto ao clásico co Sporting a próxima semana no campo municipal de Celanova. Ambos equipos están empatados a puntos na parte alta da clasificación. Malia as baixas en defensa e as dúbidas que sinalaba Bruno Gómez en ataque, o equipo segue dando boas sensacións e o adestrador parece ter clara unha idea de xogo, diferente á da tempada pasada, pero igual de eficaz e vistosa.

Resultados e clasificación: AQUÍ.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario