Córgomo, 3; Antela B, 0.

Iván Gómez elixiu para a cita co Córgomo en Vilamarín un once de expertos no que apareceron Germain e Aarón Blanco xunto a Joni, Carrasco e Dalama, xente con moitos minutos en Primeira.

Mais os locais, mellor adaptados a un terreo de xogo difícil, resolveron o choque como acostuman no seu feudo: 3-0. Adiantáronse cedo, no minuto 7, e antes do descanso aumentaron a vantaxe. Ambos tantos, a balón parado. O terceiro chegou nos minutos finais.

Debutaron Jaime, que substituíu a David Lamas aos dez minutos da segunda parte, e Melguizo, que saíu por Penabad case ao final. A derrota deixa ao filial con 2 puntos en tres xornadas. Recibirá ao Maceda na cuarta, e despois visitará ao Verín.

Ficha técnica: AQUÍ.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario