“Témoslle ganas ao partido, por proximidade é o noso derbi, e seguro que se vai ver un gran encontro. O campo estará moi ben e haberá un gran ambiente, estou certo”, di Pedro Castro, capitán do Antela ante o clásico en Celanova (domingo ás 17,00 horas).

