O Antela cedeu a súa primeira derrota logo de tres xornadas de Liga en Preferente xuvenil tras encaixar un gol no 85 na súa visita ao Tomiño (1-0). Non houbo goles na primeira metade, mais si moito traballo por parte de ambos equipos con pelexa no medio campo e precaucións nas defensas que non deron opcións ás dianteiras.
Con Iago de regreso á portería e un once que se vai definindo mentres espera a prometida achega de Carlos, o Antela de Forri mostrou a súa fiabilidade en difíciles circunstancias en Tomiño, diante dun rival que no debut fora quen de remontar ao Barbadás no campo da Carballa. Todo ía encamiñado ao empate sen goles…
Pero a resistencia limiana crebou a pouco do final, xa sen tempo para intentar a remontada.
A próxima semana os de Forri recibirán ao Colexio Hogar de Vigo, que hoxe apañou oito goles do Cented.
Resultados e clasificación: AQUÍ.



Os xuvenís, como os equipos sénior do club, contan para esta campaña con outro apoio importante para a alimentación dos limianos os días de partido. Serra do Larouco e Eroski City colaboran co Antela F.C. reafirmando os compromisos alcanzados na 24/25. O club consolida o seu tecido social con este tipo de patrocinios que teñen clara vontade de futuro.
GALERÍA






MAÑÁ ÁS 12 HORAS O ANTELA B RECIBE AO MACEDA NA MOREIRA, E O PRIMEIRO EQUIPO XOGA POLA TARDE (17 HORAS) EN CELANOVA.