📷 Pablo L. Gil. / ✍🏼 Antela Fan Club.
O IMPOSÍBEL
Verín-Antela B, domingo ás 5 no José Argiz.
Non hai partido máis difícil para o Antela B que este do domingo no José Argiz de Verín. O equipo de Iván Gómez inda está sacando os dentes e crúzase cun rival que vén de Preferente, que gañou o título de Primeira nun paseo militar hai dous anos, que non empezou ben esta Liga e que ten calidade e ambición para saír campión tamén este ano e présa por se colocar arriba.
Para o filial limiano, sen Felipe e David Lamas, expulsados por inxenuos na liorta co partido do Maceda rematado, o encontro chega demasiado pronto despois da derrota inapelábel en Córgomo e dada a histórica rivalidade deportiva que manteñen Antela e Verín. A afección limiana espera unha resposta á altura desa rivalidade. A última vez que os branquinegros visitaron Verín foi na tempada 22/23 en metade dunha durísima pelexa pola permanencia e Charli resolveu de penalti para o Antela (0-1).
Agora, o choque é inédito porque o filial do Antela alcanzou unha cota inesperada. Mais os de Iván Gómez non sofren de vertixe. O eixo Borja-Carrasco-Joni mantén o rumbo nos peores momentos e o resto xa se convenceron de que son futbolistas de Primeira e cun equipo capaz de competir con calquera e sumar. 𝐍𝐨𝐬 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐢𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐨 𝐀𝐥𝐥𝐚𝐫𝐢𝐳 𝐞 𝐝𝐨 𝐌𝐚𝐜𝐞𝐝𝐚 𝐚𝐨𝐬 𝐥𝐢𝐦𝐢𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐟𝐚𝐥𝐭á𝐫𝐨𝐧𝐥𝐥𝐞𝐬 𝐞𝐬𝐚𝐬 “𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬” 𝐝𝐨 𝐟𝐮́𝐭𝐛𝐨𝐥 𝐪𝐮𝐞 𝐝á 𝐚 𝐞𝐱𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐞𝐜𝐡𝐚𝐫 𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐬𝐞 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐚𝐧. As segundas partes, a diferencia da tempada anterior, estanlle custando máis ao equipo porque a esixencia física tamén subiu. O nivel técnico individual e táctico o equipo está ben, os xuvenís garanten o fondo de armario, e queda polo tanto ter paciencia e manter a constancia, ese espírito limiano.
O PERIGOSO
Antela xuvenil-Colexio Hogar, sábado ás 12,30 no Fdez. Carrera.
Dúas vitorias no arranque, en Monforte e diante do Pabellón, puideron deixar a impresión de que a Preferente Xuvenil ía ser unha Liga cómoda para os de Juan Forri. O crecemento dos que seguen xuntouse co aporte de calidade dos novos e o técnico anda calibrando o equipo para que sexa o que parece sobre o papel: mellor que o do ano pasado (e iso sen Izan, Amine, Penabade, Codes e Jorge).
Ao redor de Anxo, con Fabián, Dameá, Lucas Carnero e David de gardacostas, con Lois, Carba, Pablo e Aarón e tres porteiros de nivel (Lulo superou mellorado un ano de lesións), Forri mantén a base na que os Joga, Veloso, Álvaro, Bechiki, Santana e compañía poidan aterrar sen sobresaltos e acomodarse nunha nave que ten a estrutura ben definida desde hai polo menos dúas tempadas, cando a xeración que hoxe lidera o equipo deu o salto.
O partido fronte ao Colexio Hogar -unha canteira histórica- parece fácil porque as cousas non son o que parecen nos comezos en ningunha categoría xuvenil. Medio once marcou estudar fóra de Xinzo e o esforzo triplicouse. Os novos, habituados a xogar sempre, topan maior competencia. 𝐃𝐚 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐥𝐢𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐮𝐧𝐬 𝐞 𝐝𝐨𝐮𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐞𝐧𝐝𝐞𝐫á 𝐚 𝐜𝐨𝐡𝐞𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨 𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐨 𝐚𝐝𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐨𝐫 𝐩𝐨𝐢𝐝𝐚 𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐩𝐫𝐨𝐭𝐚𝐠𝐨𝐧𝐢𝐬𝐦𝐨𝐬 𝐞 𝐦𝐢𝐧𝐮𝐭𝐨𝐬. E, mentres, hai que seguir gañando sen saber que rival vas atopar o sábado.
A CICATRIZ
Antela-Cented, domingo ás 17,30 na Moreira.
O Antela de Bruno Gómez ten este ano unha misión que o técnico foi asimilando a tempada pasada mais moitos dos novos descoñecen:pechar a ferida do último descenso, converter aquela derrota nunha cicatriz no fuciño destes lobos para que cando ensinen os caninos sexan temíbeis de verdade. Pode que os novos soñen ao verse nesas prazas de promoción, máis preto que nunca da Terceira… A afección non soña, quere pechar a ferida e despois xa veremos se miramos para aqueles outeiros.
Dalgún modo, o partido contra o Cented Academy vai determinar se este é o arranque dun equipo que xogará cada domingo para puntuar mirando arriba. O Antela de Preferente non ten costume… 𝐄 𝐧𝐨𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐧 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐚 𝐦𝐨𝐭𝐢𝐯𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐨𝐬 𝐥𝐢𝐦𝐢𝐚𝐧𝐨𝐬, 𝐝𝐞𝐬𝐩𝐨𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐠𝐚𝐧𝐜𝐡𝐚𝐫 𝐝ú𝐚𝐬 𝐯𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐜𝐢𝐧𝐜𝐨 𝐠𝐨𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐢𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐚 𝐬ú𝐚 𝐚𝐟𝐞𝐜𝐜𝐢ó𝐧 (𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐥𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚 𝐟𝐨𝐢 𝐮𝐧 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐨 𝐦á𝐢𝐬 𝐧𝐚 𝐜𝐚𝐬𝐚) 𝐞 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐫 𝐚𝐠𝐨𝐫𝐚 𝐚 𝐬𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐧𝐚 𝐌𝐨𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐚í 𝐚𝐫𝐫𝐢𝐛𝐚, 𝐜𝐨𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐟𝐢𝐚𝐧𝐳𝐚, 𝐜𝐨𝐧 𝐫𝐞𝐩𝐞𝐫𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐞 𝐜𝐨𝐚 𝐦𝐞𝐬𝐦𝐚 𝐟𝐚𝐦𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐞𝐱𝐡𝐢𝐛𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐝𝐚 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚, sobre todo cando aparece Pedro, cheo de cicatrices deportivas, escéptico, que sabe que primeiro hai que suar, e despois suar, e máis suar… e, logo, xa se verá.
Sen Mauro Sabucedo, expulsado en Celanova, Bruno Gómez debería tirar de Kandeh ou Andrade. O resto non se toca despois do bo partido de Pucho como central e do momento inspirado do tridente de ataque. O partido parece pedir iso: asentarse, non perder de vista o obxectivo (a cicatriz), seguir da man da afección, suar.
