Verín, 3; Antela B, 0.

Dous goles de Júnior Moreno (ex do Antela e do Celanova), ao principio e ao final da primeira metade, marcaron o partido desta tarde no José Argiz entre o Verín, o máis firme candidato ao ascenso, e o Antela B, que segue no seu particular Tourmalet de inicio de Liga contra rivais moi experimentados e construídos para loitar polo título.

Finalmente compareceu Álex Teixeira e acompañou a Jaime Cardoso e Joni na punta. Xurxo foi titular en detrimento de Pitu. Pero o Verín marcou cedo, no minuto 10, e deixou o choque case sentenciado cun penalti transformado por Moreno no 45. Tralo descanso, Iván Gómez deixou en vestiarios a Borja Rubén, Javi Pérez e Pío, substituídos por Pitu, Codes e Amine. Nun último intento de meterse no partido, introduciu no campo a Anxo Calleja, mais o Verín pechou a tarde no minuto seguinte cun gol de Miguel López.

O Antela B recibirá a próxima semana ao Muíños, que leva cinco empates seguidos e está a só dous puntos do filial limiano.

Resultado e clasificacións: AQUÍ.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario