
Cómpre gardar estas dúas páxinas da edición de La Región de hoxe. Arriba, a 4 columnas, a crónica do Antela-Cented (1-0) que onte puxo aos de Bruno Gómez líderes de Preferente, algo que non acontecía desde setembro de 2003 cando o Antela tivo o liderado compartido con outros dous equipos após a terceira xornada de Liga -durou unha xornada apenas-.
Mais pode que o relevante sexan as dúas páxina xuntas, porque na de abaixo, a 5 columnas, publícase a crónica do partido do filial no José Argiz diante do Verín (3-0). É a primeira vez que o filial toma o papel do primeiro equipo nun derbi contra os verinenses.

