A asociación de adestradores ourensáns Afiador premiou o labor de diferentes delegados de clubs da provincia. Nun acto celebrado onte luns en Ourense, coincidindo co inicio da tempada de conferencias, recibiron un agasallo delegados que levan tempo ligados a clubs, campos e equipos: Chechu (C.D. Arenteiro), Manu Morgade (Ourense C.F.), “Butra” (Ourense C.F.), Avelino García (U.D. Ourense), Moncho (U.D. Barbadás), “Gasolinas” (C.D. Barco), Sito (Atlético Arnoia), Xián Penín (Antela F.C.), José Manuel Piñeiro (Cented Academy), José Manuel Borrajo (Sporting Celanova), Francisco Antonio Bermejo (Pabellón C.F.).
Noraboa xian , mais que merecido👏👏👏👏👏👏