O Antela perdeu en Nigrán (2-1) diante do Val Miñor “C” despois de adiantarse muy cedo no marcador -Joga, que volvía ao once inicial, anotou no minuto 5- e manter a súa porta a cero até o tramo final.
Os locais dominaron o xogo, especialmente na segunda parte, e conseguiron empatar aos 70 minutos nun lanzamento dunha falta lateral. O Antela resistíu outro cuarto de hora, mais no minuto 84 recibíu o segundo nun centro que topou rematador na área pequena da portería de Iago, e xa non tivo capacidade de reacción.
A terceira derrota dos de Forri na Liga frea a remontada das últimas semanas, inda que o Antela permanece na zona morna da clasificación.
A Liga para a semana que vén pola disputa das Copas Deputación. O Antela está exento nesta primeira quenda. Volverá á actividade o sábado 8 contra un rival dos que perseguen o ascenso: o Alertanavia (agora segundo). O calendario de novembro será duro: visita ao Valadares, o Barbadás en Xinzo e remate co partido en Ourense contra o Cented (hoxe líder).
Resultados e clasificación: AQUÍ.
GALERÍA
Fotos: Xosé Calleja.




