A mala sorte non abandonou ao Antela B en Melias, onde os locais sumaron o seu primeiro triunfo grazas a dous goles ao inicio do segundo tempo -minutos 54 e 59- e a lesión de Dalama -nun dedo- apenas dez minutos despois. Con Iago xa baixo paus, o Melias sentenciou o choque de penalti (3-0, minuto 75) e os goles de Carnero para os limianos e Bahía para o Melias completaron outro resultado moi avultado en contra do Antela B.
De inicio, Iván Gómez supliu as baixas de Carrasco e Raúl dando entrada a Pío e ao xuvenil Veloso, mentres no lugar de Peque -convocado co A- apareceu outro xuvenil, Lucas Carnero, tamén con experiencia na categoría. O filial mantivo a aposta na ofensiva con Joni, Pitu e Amine ás costas de David Lamas. A primeira parte rematou en empate sen goles. Mais as cousas torcéronse no arranque da segunda.
Iván Gómez quixo reaccionar despois do 2-0, á hora de partido, dando entrada a Lois -tamén acabou mancado- e Anxo por Pío e Pitu. Pero a continuación chegou a lesión de Dalama -substituído por Iago- e o penalti a favor dos locais.
É a cuarta derrota do Antela B en nove xornadas. O equipo cae á zona de descenso -igualado co Francelos a puntos, pero con peor balance de goles- e a próxima semana recibirá ao Polígono, tamén en problemas tras perder hoxe na casa co Allariz (2-3) e só dous puntos por riba dos limianos.
Resultados e clasificación: AQUÍ.
