O Antela acaba de fichar ao dianteiro colombiano Ancizar Aragón Loango, que xogou a última tempada (24/25) no Orsomarso Sportivo Club, equipo da Segunda división (Primeira B, Torneo BetPlay Dimayor) do fútbol daquel país. O futbolista ten 22 anos (cumprirá 23 en maio) e mide 1,88 metros de altura, disputou 15 partidos no seu anterior club na Liga 24/25, cun total de 966 minutos, sen goles. Ancizar Aragón levaba varias semana a proba co primeiro equipo. A chegada do futbolista prodúcese despois das saídas de Esteves, Andrade e, esta mesma semana, Kandeh.
