O xuvenil de Juan Forri, con Carlos Pires no once e Xaco por vez primeira esta tempada na convocatoria, cedeu a súa segunda derrota como local (a cuarta este curso) diante do Alertanavia (1-2), un dos líderes do grupo 3 de Preferente Futgal.
O partido foi moi igualado, con moito respecto polo adversario por parte dos dous equipos. Mais o Antela conseguíu vantaxe ao pouco de comezar a segunda metade cun gol de Fabián. Co 1-0, o Alertanavia, que só perdeu un partido no que vai de Liga (en Barbadás, no tempo de desconso), aumentou a presión e logrou o empate despois de transformar un penalti.
Restaban menos de vinte minutos de partido e desta volta os vigueses foron os beneficiados no intercambio final, cun tanto cando o choque xa morría. Para o Antela, a derrota significa un freo ás súas aspiracións de meterse na loita polos postos de play-off.
Os de Forri xogarán a semana próxima contra o Valadares, un dos equipos da zona baixa da clasificación.
Resultados e clasificación: AQUÍ.

