Derrota antes do derbi

O domingo do debut de Aragón o Antela caeu en Vilalonga (3-1), mais segue na parte alta da clasificación do grupo 2 de Preferente Futgal (cuarto, en praza de promoción). Os limianos encaixaron dous goles en momentos clave: ao final da primeira parte e no arranque da segunda que se xogou baixo unha chuvia intensa. E para cando conseguiron reducir a vantaxe local -cun penalti transformado por Tiago Teixeira-, o partido xa entrara no desconto. Xusto despois volveu anotar o Vilalonga. Nas dúas últimas saídas o Antela apañou sete goles. Na Moreira está se desempeñar moito mellor en defensa. E na Moreira xogará o próximo partido, diante do Arnoia (agora terceiro, con 19 pùntos, un máis que o Antela), o mellor equipo desde o mes de outubro, por riba do Atios e do Cultural Areas, e no que xogan varios ex do Antela (Quintairos, Tumbeiro, Peral e Rivero). Un derbi no máis alto.

Resultados e clasificación: AQUÍ.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario