Ω Tres derrotas

◾ Ficha Técnica.

Comentario. Unha xogada de estratexia, un remate de Youness Benhlal na área pequena despois de empurrar en Boán para recoller un centro lateral a saque de falta e quedarse só diante de Bruno, acabou coa resistencia do Antela en Monforte (1-0). Noutro partido disputado nun campo pesado pola constante chuvia, o rival aproveitou unha acción a balón parado no minuto 5 para derrubar o muro defensivo limiano (esta tarde con Boán e Puchocomo centrais), e con iso foi suficiente. Bruno Gómez utilizou o once canon deste primeiro terzo da Liga, con Carlos, Negrete e Charli na avanzada, e superada a hora de partido deu entrada a Aragón -o colombiano que inda non sabe o que é xogar cun campo seco- e despois a Dinís e Jorge. Toda a pólvora que tiña no banquiño. O Antela cae á sétima praza e xogará a semana próxima na Moreira diante do Valadares para pechar un mes de novembro no que, de momento, suma 4 dos 12 puntos que disputou.

Ficha técnica.

Comentario: O Antela B perdeu na casa contra o C.D. Brollón (0-1) despois de encaixar un gol de penalti aos 11 minutos de partido e non ser quen de equilibrar o xogo durante toda a primeira parte, na que os visitantes foron superiores e gozaron das mellores ocasións de gol (una delas frustrada por unha boa intervención de Lulo). Foron titulares, ademais de Lulo, os xuvenís David Rivero e Lucas Blanco. Tamén Aarón Blanco, que regresaba dunha lesión, e Izan, como dianteiro xunto a Joni. Mais o fútbol directo do Antela B non levou perigo á area lucense. Á volta do descanso, Amine e Carrasco apareceron para dirixir ao equipo, que aproveitou o repregue do Brollón para baixar o balón e construír a ofensiva. Joni foi a punta de lanza dun ataque ben abastecido desde o mediocampo e o filial tivo oportunidades para alcanzar o empate en accións de Xurxo, Joni, Carrasco, Raúl, Anxo e Izan… media ducia das máis claras. No tramo final o Antela B intensificou a ofensiva coa entrada de Anxo, David Lamas e Raúl, e o Brollón gastou as súas últimas forzas en se defender. Desta non houbo empate agónico (como nos choques co Nogueira, o Purísima ou o Polígono) e o filial segue sen poder sumar a primeira vitoria do curso como local.

Ficha técnica.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario