Tres xogadores do Antela, Bruno Pío, Pucho e Peruzzo, fan parte da relación de 19 futbolistas que xogaron todos os minutos na Liga: 1.080 oficiais (é dicir, foron titulares nos doce xogos celebrados e nunca foron substituídos).
Nesa relación tamén figuran Sergio, Goullón e Pablo (Atios); Adri, Buga e Marcos Alonso (Areas); Gabri e Quintairos (Arnoia); Emmanuel (Lemos); Pablo Pereiro (Porriño), Diego (Choco); Berni (Vilalonga); Dandín e Barbeito (Portonovo); Miguel Gómez (Alertanavia) e Truji (Umia).
Até a pasada xornada estaban Miguel Mociño (Celanova, 1.079 minutos) e Domingo (Moaña, 1.062). E na suma de minutos anda moi preto Bruno (Beluso, 1.072, que foi substituído nun encontro a principios da Liga).
Na lista non hai ningún futbolista do Pontevedra B -quen máis xogou foi Canosa, titular nos 12 partidos, substituído en 2 deles- nin do Valadares -Abel, titular sempre, foi substituído nun dos choques- nin no Cented (David Vieira leva 1.024 minutos) nin no Tyde (Edu, 1.017 minutos).
Na lista dos 19 hai tres porteiros máis (Sergi, Adri e Dandín) xunto a Bruno Pío, moitos defensas e algún medio (Jesús Barbeito) ademais de Peruzzo.
Os minutos oficiais da tempada son máis porque case todos estes futbolistas disputaron ademais a Copa Deputación e, no caso do Areas, a Supercopa Galicia, polo que este equipo ten oito futbolistas que xa superan os mil minutos desde setembro, segundo os rexistros da web lapreferente.es que é a fonte utilizada para esta información.
No Antela, ademais de Bruno, Pucho e Peruzzo -quen contando a eliminatoria de Copa suman 1.170 minutos- están por riba dos 1.000 minutos Xabi Lamas (1.100) e Cole (1.070). Despois están Charly (que se perdeu un partido, con 895), Boán (845, ausente en dous xogos) e Carlos González (843 minutos).
Estes oito futbolistas son os que máis titularidades suman (por riba das 10, salvo Boán, que alcanzou esa cifra). A continuación están Tiago Teixeira e Negrete, ambos con 9, e Pedro e Mauro, con 4. O seguinte na lista era Kandeh, tamén con 4, pero deixou o club.
Así que a estrutura do once ten como base agora mesmo unha ducia de futbolistas e apenas Lois, Couto, Outeiriño e Jorge (este na Copa) foron utilizados algunha vez como titulares.
Da comparativa co Atios (líder) e o Areas (segundo, e equipo que leva 16 encontros oficiais) parece inferirse que a estabilidade do once da bos réditos a estas alturas. Tanto o Atios como o Areas reparten as titularidades entre un grupo de trece xogadores. Inda que hai clubs que fan da necesidade (baixas por lesión) unha virtude, como o Arnoia -terceiro-, e tiran de fondo de armario con até 17 futbolistas por riba dos 300 minutos (no Antela son 13 xogadores).