Comentario: Foi un punto, moi valioso, e puideron ser tres. O Antela sorprendeu ao Cented, invicto na Liga, que so cedera un empate na casa. O Antela saíu con Bechiki, Veloso e Carlos no once para acompañar ao Anxo. E co recuperado Lucas Carnero en defensa. Completaron os limianos un partido serio atrás e toparon o gol rápido (minuto 17) por medio de Lucas Blanco, que xa fai de todo, mesmo goles. Os locais responderon de inmediato e empataron once minutos despois. Tralo descanso, o choque seguía no mesmo carreira, co Cented incómodo nunha noite de chuvieira e o Antela moi concentrado en cada disputa. Carlos volveu adiantar aos visitantes con vinte minutos por diante. Entraron Joga e Diego Feijoo no campo. O Antela resistiu case até ao final. Mais o Cented ten recursos. Non se rendeu e Luis Castro empatou o partido. Na última xogada Santana tivo o terceiro para o Antela, que demostrou en Oira que quere e pode estar pelexando cos mellores.
Ficha técnica: AQUÍ.
