ANTELA, 0; VELLE, 3. Comentario: O filial perdeu no Fernández Carrera (0-3) diante do Velle o seu terceiro encontro consecutivo. Os visitantes dominaron sen froito até que unha cesión de Aarón a Lulo converteuse nun balón franco para Brais, que anotou o primeiro. Con máis dunha hora de xogo por diante a afección esperaba a reacción do Antela B, pero o equipo apenas tivo saída polas bandas nin xerou superioridade ningunha no centro. O Velle anotou o segundo antes do descanso e despois Belucho culminou a mellor ocasión local en todo o partido cun remate que desviou o meta visitante. Na segunda metade, Forri recorreu primeiro a Dameá, despois a Varo e Amine, e finalmente a Borja e Anxo Calleja. Sen resultado. O Velle dominou o tramo final sen grandes agonías. O Antela completou o seu cuarto partido consecutivo sen marcar e apañou a derrota máis avultada na casa. Quedan dous partidos para rematar o ano diante de dous rivais da zona alta, o Peroxa e o Loñoá. O equipo precisa calmarse, topar un padrón de xogo no que confiar e rescatar o espírito competitivo que demostrou en xornadas recentes. Con incorporacións como Izan e Belucho -co tempo que precisen ambos- o cadro de xogadores mellorou, o fútbol e os resultados deberían reflectir pronto esa mellora.
Ficha técnica: AQUÍ. | Clasificación: AQUÍ.
