O xuvenil suma a sexta vitoria

ANTELA XUVENIL, 2; SANTA MARIÑA, 1. Comentario: O Antela xuvenil sumou a súa sexta vitoria en doce xronadas e sitúase nunha cómoda posición con 19 puntos na parte alta da clasificación. O partido, moi igualado na primeira parte, resolveuse nos primeiros minutos da segunda cando o medio campo local tomou o control do partido e avanzou fácil cara a portería visitante. Chegaron as ocasións, o gol de Veloso nunha acción a balón parado, e o de Fabián nunha internada do centrocampista que aguantou o disparo até pisar a área pequena e anotou coa zurda. Malia o gol do Santa Mariña, ao final, de penalti, non puxo en perigo a vitoria. O triunfo devolve á confianza aos limianos como locais (non gañaban na casa desde mediados de outubro). A semana que vén recibirán ao Gondomar.

Resultados e clasificación.

Fotografías: Xosé Calleja.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario