Remate sen brillo

O domingo perderon o filial (1-2, na casa diante do Loñoá) e o primeiro equipo fóra (1-0, contra o Umia, último clasificado, con lesión de Xabi que apenas estivo vinte minutos no campo). Só o xuvenil (4-0 contra o Gondomar) pechou o ano con bo sabor de boca. O filial está nunha crise de resultados tan fonda como están sendo os cambios no equipo. As alarmas saltaron. O Antela B está en postos de descenso desde a xornada 11 e neste período foi o peor equipo dos dezaoito de Primeira. A capacidade que teña o club para reverter a situación será o primeiro gran reto do 2026.

Mentres, o primeiro equipo vén rendendo por riba das expectativas, que cada vez son máis altas e producen certa sensación de frustración con resultados coma o do domingo, mais a regularidade esta sendo notábel. Os xuvenís compiten en cada choque e manteñen unha traxectoria similar ao do A.

A respecto dos obxectivos marcados antes de comezar a tempada (e explicitados polo presidente, Pablo Losada, a mediados de xuño: ver entrevista) o Antela e o xuvenil están no camiño. Dicía Losada que o primeiro equipo podería loitar entre os oito primeiros e marcha sétimo. Pensaba o presidente que os xuvenís poderían andar ao final da Liga entre o sexto e o sétimo posto e aí están: sextos a media campaña. En canto ao filial, Pablo Losada apostaba por unha praza entre os dez primeiros, máis a tempada está resultado convulsa (cambio de adestrador) e moi dura nos resultados. O Antela B marcha 17º (a peor clasificación do ano). A décima praza -que xa non importa moito- está a 12 puntos.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario