Grandes momentos do 2005: 2º O ascenso dos xuvenís

Así remataba a crónica do partido en Antas de Ulla:

“Pitou o árbitro, parou de chover, a primeira reacción dos futbolistas foi de sorpresa. O Verín acababa de gañar en Sarria, o Antela xuvenil cumpría o soño de Forri e de tantos outros. Nas gradas, as nais, os pais, as mozas e amigos empezaron un canto tímido. O equipo xuntouse camiño dos vestiarios. Celebraron, inda sen se crer de todo que a tempada culmina o plan de oito meses de sacrificio, lesións e ilusión.”

Aconteceu o sábado 12 de abril. A catro xornadas do final da Liga, os xuvenís non deixaron escapar a súa primeira ocasión e amarraron o ascenso. Rematarían segundos na Liga tras unha tempada excelente que consolidou unha xeración que pode marcar o futuro do Antela: de Izan a Jorginho, do debutante Iago, da revelación de Lucas Carnero, de Anxo Calleja, de Fabián, do traga-quilómetros Hugo Penabad. Un ano de luces para cumprir un obxectivo moito tempo perseguido: meter ao xuvenil nunha competición de nivel galego.

Tres FITOS dos xuvenís 24/25

GALERÍA

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario