O Antela dominou o campionato de Primeira Futgal do principio ao fin e acadou o ascenso en abril, antes de que se cumplira o ano do descenso da tempada anterior, cun espléndido final de Liga cheo de bo fútbol e goleadas.
Na previa do xogo do 20 de abril advertíase:
“336 días despois daquela derrota na Moreira diante do Choco que precipitou o descenso a Primeira, o Antela pode recuperar mañá (17,00 horas) no mesmo escenario e diante do Muíños unha praza na segunda categoría do fútbol galego. Chega o equipo de Bruno Gómez na mellor dinámica da tempada: doce partidos sen perder, sete sen encaixar, cunha media goleadora de 2,2 tantos por partido e unha vantaxe tranquilizadora: dez puntos sobre o Celanova e once sobre o Polígono.”
O equipo goleou ao Muíños (4-0), con tantos de Xabi, Pedro, Anxo e Dinís.
“O Antela dominou o choque como a Liga, de principio a fin. E a xente gozou como leva gozando o último mes. Xabi Lamas e Breixo pecharon as portas no medio campo e estiveron áxiles para iniciar a ofensiva. Arriba, os lobos morderon constantemente á defensa visitante, que pasou a tarde ao borde dun ataque de nervios. Suso, tan grande como nas súas mellores tardes na Moreira, detivo un tras outro a chuvia de disparos, e onde non alcanzou apareceron os paus.”
E despois da festa na Moreira, chegou o momento de valorar o logro. Aquí constatamos: O Antela regresa a Preferente cun proxecto máis sólido e ambicioso.
“Pasou un ano por futbolistas da casa que hoxe son xa xogadores maduros e están máis comprometidos cun modelo de club. O fútbol limiano, esa “veta” que busca a afección, quere existir, revelarse. Ese potencial é o alento para encarar o futuro.
O cadro de futbolistas e o cadro técnico demostraron durante estes nove meses de competición que saben convivir coa presión da máxima esixencia. Todos e cada un creceron deportivamente durante o proceso. E o equipo acabou despregando sobre o campo o seu mellor fútbol para gañar o sexto título na Liga provincial (o segundo en catro anos).”
Joni: “Co tempo darémoslle valor”
Galería







OS GRANDES MOMENTOS DO 2025
A vitoria en Velle (o partido-trampolín):
https://antela.fala.gal/2025/12/26/grandes-momentos-do-2005-1-a-vitoria-en-velle-o-partido-trampolin/
O ascenso dos xuvenís:
https://antela.fala.gal/2025/12/28/grandes-momentos-do-2005-2o-o-ascenso-dos-xuvenis/
A Preferente 336 días despois:
https://antela.fala.gal/2025/12/29/grandes-momentos-do-2025-3o-a-preferente-336-dias-despois/