Grandes momentos do 2025: 4º O milagre do filial

O sábado 15 de febreiro produciuse unha das mellores noticias da tempada: foi o regreso de Dani Pérez aos campos de fútbol. Aquela tarde o filial cedeu un empate nun encontro que gañaba 2-0 ante o Cented B. O equipo tocou fondo a semana seguinte (5-1, na Rúa) e a principios de marzo Marcos Ruído renunciou tras a derrota contra o Raio21. Bruno Gómez dirixiu o seguinte partido á espera da chegada de Iván Gómez, que debutou na xornada 27 cun empate sen goles en Cenlle. O Antela era sexto a 4 puntos dos play-off.

O Antela xa non volvería perder: sumou unha serie de 10 xornadas invicto (3 empates, un deles con Bruno) para alcanzar a terceira praza e conquistar o factor campo na primeira eliminatoria polo ascenso.

Despois aconteceron unha serie de milagres. Os limianos saíron vivos dunha primeira parte complicadisima en Monteporreiro e Xurxo anotou un gol imposíbel para o empate. Na volta na Moreira o rival meteu unha marcha máis e dominou o tramo final antes de que na prórroga Carlos cazara outro gol incríbel. Contra o Coles, no cruce definitivo, o Antela B xogou un partido moi serio na ida e na volta houbo que chegar aos penaltis. E remontar nos penaltis…

Iago e Lucas Carnero, dous xuvenís que foron con Carlos e Jorge os grandes reforzos do equipo no tramo decisivo, prenderon os foguetes que deron inicio a maior festa das vividas na Moreira na campaña 2024/25.

Foi un ascenso inesperado, impensábel só un par de meses antes, pelexado como o que máis dos tres, tan merecido como calquera, protagonizado por futbolistas da casa, o futuro estaba en marcha. Para un club como o Antela -que ten o seu teito en Preferente-, ter un filial competindo en Primeira non é un asunto menor, demostra que a canteira prové cantidade e calidade. Coidémola.

O vídeo do final dos penaltis e do comezo da festa.

A crónica daquela tarde de xuño na Moreira: o Antela B-Coles polo ascenso a Primeira.

GALERÍA

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario