O xuvenil remonta e gaña en Vigo

RÁPIDO, 2; ANTELA XUVENIL, 3. Comentario: O Antela xuvenil conquistou en Vigo o seu oitavo triunfo despois de remontar diante do Rápido de Bouzas un partido que se lle puxo de costas no minuto 20 (cun 2-0 no marcador). Dameá recortou a distancia antes do descanso, e o mesmo xogador forzou a acción do empate visitante ao comezo da segunda metade (gol en propia meta dun xogador local). O tanto da vitoria limiana chegou no minuto 83, por medio de Anxo Calleja, de novo determinante, malia xogar só a segunda parte. Lulo foi o porteiro titular pola baixa de Iago, e Bechiki, Prol e Sebas regresaron ao once, con Juan Forri no banquiño e Xurxo Santana como auxiliar.

A un partido para rematar a primeira volta, o Antela vai na quinta posición, igualado co Barbadás (6º) e a catro puntos da terceira praza, que dá dereito a xogar o play-off de ascenso.

FICHA TÉCNICA: AQUÍ.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario