O Antela mantén o pulso polo ascenso

ANTELA, 1; PORTONOVO, 0. Comentario: O Antela gañou o primeiro partido do ano na Moreira, que segue sendo inexpugnable. Tombou ao Portonovo e mantén o pulso polo ascenso -recupera unha praza entre os cinco mellores e remata a primeira volta con 29 puntos (8 vitorias), outro fito para historia en Preferente-. Marcou Pedro, o capitán, contra o final do xogo, poñendo xustiza no marcador ao visto sobre o campo. Porque o Antela, con Jorge no ataque despois do seu bo partido contra o Pabellón, foi mellor na primeira metade, e apenas cedeu o dominio do choque nalgún tramo da segunda. Os limianos mantiveron a súa intensidade e gañaron profundidade co cambio de Jorge por Outeiriño tralo descanso. A inspiración de Charli, outro dos destacados, sostivo aos locais, sempre máis ambiciosos que o Portonovo. Este Antela empeza a ser cousa seria, malia as baixas… a próxima pode ser a de Bruno Pío, expulsado co partido xa rematado. O domingo o Antela recibirá ao Alertanavia na Moreira no arranque da segunda volta. A soñar!

FICHA TÉCNICA: AQUÍ.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario