O filial toca fondo

MASIDE, 1; ANTELA B, 0. Comentario: Un gol no minuto 90 en Maside condenou ao Antela B na xornada final da primeira volta. O equipo cae á última posición da Liga, con apenas unha vitoria en 17 partidos e fica a 5 puntos do Purísima, que ocupa a última praza teórica de permanencia. Dalama volveu á portería e Forri volveu confiar en Rivero e Carnero, xuvenís, para a defensa. Aarón, que entrou por Belucho no minuto 61 de partido, foi expulsado por dobre amarela só cinco minutos despois. O Antela B é o equipo menos goleador do campionato -apenas leva 11 goles- e o cambio de adestrador, obrigado pola marcha de Iván Gómez, non produciu a reacción esperada. Nestes últimos sete partidos, os números do filial empeoraron.

FICHA TÉCNICA: AQUÍ.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario