Contra o Celanova na Copa

O Sporting de Celanova de Ángel Mociño será o rival do Antela en oitavos de final da Copa Deputación. O partido xogarase na Moreira o xoves 19 de marzo, festivo, apenas un mes despois de que o Celanova visite Xinzo na Liga.

A eliminatoria enfronta ao Antela co rival da única final de Copa que gañaron os limianos, e co mesmo a adestrador rival. Aconteceu na tempada 2003/04, cando o Antela tamén foi líder, efémero, no arranque da Liga en Preferente. Así que todo son bos sinais na Copa…

O resto de cruces nos oitavos son os seguintes: Rúa-Maceda, Vilar de Barrio-Córgomo, Cortegada-Monterrei, Trelle (*)-Cented, Moreiras-A Peroxa, Polígono-Purísima e Rante-Francelos.

(*) O Atlético Trelle clasificou para os oitavos despois de que fose aceptada a súa reclamación por aliñación indebida do Caldelao, que gañara o partido de dezaseisavos.

Fotografía: Sporting Celanova. Mauro, cun xogador local, no partido de ida na Liga en Celanova.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario