ANTELA, 2; CORUXO B, 2. Comentario: Un gol de Carbajales cando o partido agonizaba permitiu ao Antela xuvenil amarrar un punto na casa fronte a un rival de entidade como o Coruxo B, que remontou o gol inicial de Lucas Carnero para colocarse por diante á hora de partido. Xaco volveu á portería despois de moitos meses (cumpría reservar a Lulo, que mañá terá que botar unha man no A). O equipo de Forri suma 26 puntos (8 vitorias) e rematará a primeira volta no grupo de cabeza, nunha posición desafogada. A próxima semana o xuvenil volve xogar na casa. Recibirá ao Calasancio, a quen superou no debut ligueiro en Monforte, e que agora está en postos de promoción de ascenso. Imaxe: Xosé Calleja.
Ficha técnica. AQUÍ.
