NOGUEIRA, 4; ANTELA B, 1. Comentario: Marcou Joni e o Antela B adiantouse en Luíntra contra o Nogueira, que acabou equilibrando o resultado xusto antes do descanso e remontou xusto ao inicio da segunda parte. Eses dous tantos foron unha carga moi pesada para o filial, que empezara o partido con dous dianteiros (Germain e David Lamas) e fixo fronte despois con Álex Teixeira -de regreso despois de meses- na punta. O Nogueira matou o partido no 77 cun tanto de Soriano e, xa no desconto, anotou o cuarto. A vida segue igual para os limianos, que non ceden máis vantaxe coa zona de salvación. O Antela B continúa último, á mesma distancia das prazas de permanencia (perderon o Francelos e o Purísima, agora empatados co Maside, que gañou) e con 48 puntos (16 partidos) por disputar. O próximo, a fin de semana de inicio do Entroido en Xinzo contra o Allariz de Óscar Sabucedo, que hoxe recibiu outra goleada (1-5 na casa diante do Córgomo). Imaxe: Óscar R.
FICHA TÉCNICA: AQUÍ. CLASIFICACIÓN: Aquí.
