Agora, a polo play-off

Carlos Hernández estreouse como goleador na vitoria do Antela diante do Sporting Celanova (3-0) nun clásico dominado de principio a fin polos locais, que seguen invictos na Moreira desde maio de 2024 -e Bruno Gómez, aínda non perdeu na casa desde que se fixo cargo do Antela en setembro daquel ano-. Con Tiago, Pedro e Negrete no once, o Antela resolveu o choque con dous tantos en media hora -despois de Carlos Hernández anotou Negrete-. Mediada a segunda parte, marcou Tiago para pechar a tarde. O Antela colócase 5º, con 46 puntos (por riba dos 45 establecidos por Bruno como obxectivo para a permanencia) e 13 triunfos nunha tempada histórica. Con oito partidos por diante -o seguinte, este domingo na Moreira contra o Vilalonga-, o Antela está en postos de play-off de ascenso e ten dereito a soñar con elevar o teito do club.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario