O filial volve perder

Tres goles de Alberto Conde na primeira media hora decidiron o choque entre o Antela B e o Allariz (2-4), correspondente á 19ª xornada e disputado onte venres no Fernández Carrera. Conde adiantou aos visitantes no minuto 7, e respondeu o filial cun tanto de Penabad tras un saque de esquina. Mais o Antela B concedeu outros dous tantos antes do descanso. Na segunda parte, con Pío e Xurxo no campo, os locais reduciron a diferencia cun gol de Belucho e vinte minutos de xogo por diante. Pero o Allariz marcou de novo moi rápido. Sanabria no 74 puxo o 2-4 e xa non se discutiu moito máis. Óscar Sabucedo e Jonathan Lameiras gañaron no seu regreso a Xinzo e levaron tres puntos importantes na súa pelexa pola permanencia. O Antela fica último, a 13 puntos da teórica última praza de salvación e con só 8 partidos por diante. As opcións matemáticas de permanencia esgótanse.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario