Descenso do filial a Segunda

A tortura dos últimos meses de competición rematou onte co descenso do filial a Segunda Futgal menos dun ano despois de ter logrado o ascenso. O Antela B apañou outra derrota na casa (2-3 diante do Monterrei) e segue último clasificado con apenas 17 puntos -so tres vitorias- en 30 partidos. O filial no conseguiu saír do último posto tras a derrota na xornada 17 en Maside. Lonxe quedou o obxectivo marcado a principio da tempada de loitar por estar entre os dez primeiros.

O xuvenil caeu diante do Cented, líder do grupo, cun gol encaixado no minuto 85 (0-1). O equipo afronta agora dúas saídas, despedirá a Liga en Xinzo a segunda fin de semana de maio; e a tempada, sete días despois en Coruxo.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario