Bruno Gómez chamou aos xuvenís Iago, Fabián e Lucas Blanco para a viaxe a Ponteareas desta tarde. O técnico do Antela fixo unha convocatoria con todos os dispoñíbeis, incluído Outeiriño, lesionado desde o día do Arnoia, que apura a súa recuperación.
Con toda a defensa e o medio campo tamén a ao completo, e a baixa de Negrete na dianteira, o adestrador comporá un once moi parecido ao que forman: Bruno Pío, Pucho, Constela, Boán, Tiago, Peruzzo, Hernández, Mauro, Pedro, Charli e Carlos, con Jorge como alternativa na punta do ataque.
Despois de varias un pouco o plan de traballo semanal -descanso o venres e adestramento lixeiro o sábado pola mañá-, o Antela chega ao primeiro partido de maio (poden ser dous ou catro máis) cunha vantaxe de oito puntos sobre o seu rival de hoxe, o Cultural Areas, que se xoga nesta xornada as súas últimas opcións de entrar nos play-off.
O Antela ten experiencia dabondo para saber como se manexar nun choque coma este, co rival no aramio e sen Negrete, o que resume as opcións de ataque a un fútbol máis directo nas que aproveitar as habilidades dos lobos: agresividade e velocidade. Sobre a táctica déitanse esta tarde (17.30 na Lomba de Ponteareas) boa parte das posibilidades branquinegras de dar un salto definitivo aos play-off.
A BASE
O xuvenil, de novo con Xurxo Santana como adestrador, caeu onte pola tarde en Gondomar (2-1). Os locais chegaron a colocarse 2-0 e un tanto de Veloso no minuto 72 devolveu ao limianos ao partido no tramo final. Sen os tres convocados para hoxe polo primeiro equipo, o Antela compareceu con catorce xogadores. A próxima semana, o equipo despedirá a tempada na casa recibindo ao Rápido de Bouzas. Se gaña, amarrará definitivamente sétima praza da Liga.
O filial recibe esta tarde (17.00 horas na Moreira) a un Peroxa que chega co obxectivo da permanencia cumprido. Os xuvenís Diego Lulo e David Rivero continúan na convocatoria. Esta xornada en Primeira o Purísima e o Allariz continuarán o pulso pola permanencia, co Brollón (goleado onte en Muíños) metido de novo en problemas.
