A Lethes Cup Xuvenil arranca o sábado con doce equipos en competición

Xa se coñecen todos os detalles organizativos e o cadro de competición para a agardada segunda edición da LETHES CUP XUVENIL, memorial Ramón De la Fuente, torneo de fútbol base de XINZO DE LIMIA, que reunirá a algunhas das mellores promesas do fútbol provincial nunha intensa fin de semana de deporte e deportividade.

A competición contará coa participación de 12 equipos distribuídos en catro grupos de tres integrantes cada un. Son estes:

Grupo A: Antela F.C., E.D.C. Verín e A.C.D. Polígono

Grupo B: U.D. Barbadás, E.D.C. Xinzo e C.D. La Purísima

Grupo C: Ourense C.F., Sporting Celanova e C.D. Maceda

Grupo D: C.D. Velle, Rayo 21 C.F. e C.D.C. Pereiro Aguiar

O sábado, día 29, celebrarase a xornada de fase de grupos e as semifinais de clasificación, nos campos da Moreira e do Fernández Carrera (sintético) dende as 10.00 horas ata o remate dos últimos partidos que comezan ás 21.00 h.

O domingo, día 30, a xornada de finais arrincará ás 10.00 h., disputándose os últimos choques ás 12.00 h. e finalizando coa entrega de premios para todos os equipos ás 13.00 h. no campo da Moreira.

O evento se rexe polas normas da Federación Galega de Fútbol (Futgal) e os partidos serán dirixidos por árbitras e árbitros federadas.

A LETHES CUP XUVENIL está organizada polo Antela F.C. en colaboración co Concello de Xinzo de Limia. A primeira edición, en 2025, foi gañada polo Pabellón de Ourense.


Cartel do torneo.

EDICIÓN 2025

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario