O Antela de Xurxo Santana gaña a Lethes Cup

O Antela gañou a segunda edición da Lethes Xuvenil Cup. Memorial Ramón De la Fuente impoñéndose ao Raio 21 (3-0) na final disputada este domingo na Moreira. Marcaron Adrián Joga, Lucas Martínez e Adrián Meno. O equipo de Xurxo Santana conquista así o trofeo que os locais cederan hai un ano na final contra o Pabellón.

O día 13 o Antela xuvenil debutará na Liga en Vigo medíndose ao Rápido de Bouzas.

Na final de consolación o Barbadás venceu ao Ourense C.F., mentres o Sporting Celanova rematou quinto tras superar ao Verín. A clasificación completárona o Purísima (7º), o Maceda (8º), o Velle (9º), as Escolas de Xinzo (10º), o Polígono (11º) e o Pereiro de Aguiar (12º).

O torneo contou coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia e, como acontecera o ano pasado, volveu ser un éxito de público. “Demos outro pasiño para consolidar esta cita coma unha referencia no fútbol xuvenil provincial”, valoraron desde a directiva limiana.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario