Debut en Viveiro ás 12 do domingo

O Antela estrearase na TERCEIRA FEDERACIÓN coa visita ao Viveiro. Será no campo de Cantarrana, este domingo ás 12.00 horas, no desprazamento máis longo da historia do club en competición oficial: 250 quilometros entre Xinzo e Viveiro.

O Antela inscribiu na FGF o seguinte cadro de xogadores: Pucho, Bellido, Boán, Bruno Pío, Raúl Gallego, Carlos González, Xabier Lamas, Carlos López, Cole, Negrete, Peruzzo, Raposeiras, Pedro Castro, Constela, Mauro Sabucedo, Selas, Tiago Teixeira, Tumbeiro, Couto, Gastón, Mouta Bah e Álex Cid. Total, 22.

Á fronte do cadro técnico, Bruno Gómez Cid, na súa terceira tempada no club. Continúan 14 xogadores da pasada tempada en Preferente, 7 dos que lograron o ascenso desde Primeira.

Despois de tres bos partidos na Copa Federación, o Antela pechou a preparación con triunfos diante do Verín e do Vila Pouca, e con boas noticias polas boas impresións que foron deixando as fichaxes para esta campaña.

O calendario dos limianos, despois de visitar ao Viveiro, contiuará en setembro cos partidos contra o Alondras (na Moreira), o Gran Peña (en Vigo) e o Somozas, de novo na casa o día 27.

(calendario completo ao final do texto, en PDF)

O FILIAL EMPEZA EN CELANOVA

O Antela B, descendido a pasada tempada, debuta na Liga de SEGUNDA FUTGAL cun partido co Sporting B -recén ascendido- en Celanova.

O filial inscribiu na FGF o seguinte cadro de xogadores: Calleja, Peque, Carba, Lucas Carnero, Carrasco, Breogán Cid, Dameá, Borja Rubén, Felipe, Belucho, Joni, David Lamas, Diego Lulo, Mina, Fabián, Nogueiras, Javi Pérez, David Rivero, Codes, Pío e Pitu.

Están 11 dos xogadores que conquistaran o ascenso a Primeira hai dous anos da man de Iván Gómez. Do xuvenil chega a xeración de Anxo Calleja, sete mozos que xa debutaron no filial a pasada campaña. No banquiño continuará Juan Forri, que dera o salto do xuvenil ao filial en novembro pasado. Segue Joni, que busca completar o seu legado cun novo ascenso. En xogo hai dúas prazas directas a Primeira.

Os calendarios do A e do filial

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario