O Antela sufriu a segunda derrota da Liga, caeu na visita ao Pontevedra B (1-0) e baixa até a décima praza na clasificación, nunha competición igualadísima na que a distancia entre o segundo e o decimoquinto é de apenas seis puntos.
En Pontevedra, con Iago de novo na portería, e un once con Constela polo mancado Boán e Peruzzo recuperando a praza no medio campo, o Antela resistíu coa meta a cero até o minuto 42. No descanso, Bruno Gómez tratou de axitar o partido dando entrada a Tiago e Sabucedo, os habituais. E superada a hora de xogo, Tumbeiro supliu a Álex Cid.
O Antela xogou cun home menos desde o minuto 76 tras a expulsión de Pucho -por protestas-, e xa no 88 o local André foi expulsado por unha entrada sobre Negredo. Na convocatoria dos limianos participou por vez primeira Diabate, inda que non xogou.
A derrota chega despois de tres empates consecutivos (so tres puntos dos últimos 12 en disputa) o que activa a alerta antes os dous próximos partidos na Moreira.
Ficha técnica: aquí.
Clasificación: aquí.
Patrocinadores

