Antela F. C. 1919

Club de fútbol da Limia

Gran Peña, 0; Antela, 0.

O Antela empatou en Barreiro (Vigo) co Gran Peña (0-0) e volve sumar puntos como visitante. Bruno Gómez aliñou de saída a Negrete e Bah na punta de ataque e deu galóns como titulares aos lusos Couto e Bernardo. Negrete foi o mellor dos limianos e a defensa mantivo o tipo, tamén cando o equipo quedou con dez homes sobre o campo (desde o minuto 48, por expulsión directa de Bernardo).

No descanso, Tumbeiro e Sabucedo substituiran a Bah e Couto, mais a expulsión obrigou aos limianos a reforzar a defensa: Tiago entrou por Charli no 50. Nos minutos finais tamén participaron Pedro e Constela.

Os limianos colócanse na 12ª praza, empatados a 4 puntos co 8º clasificado e seguintes. A próxima fin de semana (festa da Saínza) o Antela recibirá en Xinzo o Somozas, que hoxe empatou co Pontevedra B.

Ficha técnica: aquí | Clasificación: Terceira REF.

Una curiosidade: do once inicial do Antela, sete futbolistas non teñen dni español.

A CANTEIRA

Os xuvenís de Xurxo Santana sumaron a súa segunda vitoria na Liga -primeira na casa- vencendo onte o Alertanavia, con tantos de Veloso, Joga e Varo.

O Antela B gañou en Melias (0-1) cun gol de Dameá nos minutos finais. Os de Juan Forri marchan terceiros con 7 puntos, a dous do líder, o Moreiras, que suma 9.

Comparte