O Antela continúa sumando puntos como visitante. Hoxe empatou en Portonovo (0-0) sen Bruno Pío, substituído na portería por Iago Salgado, o meta xuvenil, a quen Bruno Gómez elixiu por diante de Selas. Iago vén demostrando desde hai dous anos un enorme potencial, traballando entre outros co propio Bruno Pío. En Portonovo subiu un chanzo máis nunha prometedora carreira.
A actuación de Iago é noticia na prensa ourensana. “El enfrentamiento comenzó sin un dominador claro y la única opción de los de los casa vino por la vía de la estrategia, con un remate de Yoel Crespo que desbarató bien el joven portero Iago Salgado, un canterano que suplió bien al siempre importante Bruno Pío“, escribe La Voz de Galicia. “Cuajó una gran actuación y consiguió mantener la portería a cero en un partido bastante igualado“, informa La Región, e engade que na segunda parte os locais volveron atoparse “con un inspirado Iago“.
Á marxe, o Antela recuperou a Gastón e Pucho nunha defensa xunto a Boán e Bernardo. Arriba, o adestrador mantivo a aposta por Álex Cid como compañeiro de Negrete e Charli, pero deixou a Tumbeiro no banco. E Cole -capitán esta tarde- foi a gran novidade no once. Antes da hora de partido, Tumbeiro entrou como relevo de Cole. Tamén Mauro Sabucedo tivo minutos substituíndo a Cid.
Con este resultado, o Antela segue en postos de cabeza, agora cuarto, a 4 puntos do líder, o Boiro. E a semana próxima recibirá ao Lalín, segundo clasificado, un punto por riba dos limianos, que sumaron a súa cuarta portería a cero en sete partidos (desta volta, con Iago baixo os paus).
A mellor noticia é que a canteira volve dar boas noticias. Xunto a Iago foi convocado Lucas Carnero, malia estar este ano competindo en Segunda provincial. Outros mozos con breve experiencia no primeiro equipo -entre eles, Anxo Calleja, Pitu e Felipe- esperan unha nova oportunidade.
FICHA TÉCNICA: AQUÍ.







