O capitán, Pedro Castro, co 10, foi a gran novidade no once liminano en Cantarrana. Pucho, Negrete e Xabi Lamas comezaron no banquillo.
Con Bruno Pío na portería e unha defensa con Mauro, Gastón, Boán e Tiago; e no centro do campo, Peruzzo, Sandro e Iñaki, e Pedro, Charli e Tumbeiro na punta, o Antela adiantouse no marcador aos 4 minutos de xogo cun gol de Iñaki Bellido, o primeiro do Antela en Terceira división.
Era a estrea do técnico local, Marcos Pereiro, como primeiro adestrador, e tamén a do Antela (cen anos de historia) na máxima categoría do fútbol galego. O tanto de Iñaki Bellido disipou os nervios e mitigou o cansanzo dunha longa viaxe que comezou de madrugada e dun partido xogado a pleno sol do mediodía.
FICHA TÉCNICA: aquí.
Tralo descanso, Pedro deixou o seu lugar a Moustapha Bah, e Bruno Gómez aguantou os cambios até os minutos finais: no 75, Pucho e Bernardo entraron por Charli e Tumbeiro; e no 83, Couto e Cole, por Iñaki e Mauro.
Tiago Teixeira, que vira unha amarela na primeira metade, foi expulsado por un segundo cartón no 87 de partido.
CRÓNICA EN La Voz de Galicia-A Mariña: aquí.
En Segunda provincial, o filial do Antela venceu en Celanova ao Sporting (0-5), con tantos de Dameá (2), Mina (2) e Joni (1). Todos os tantos, na segunda metade; o último, de penalti (Mina).
Forri aliñou de inicio a Lulo, Javi Pérez, Lucas Carnero, Borja Rubén, David Rivero, Felipe, Dameá, Carrasco, Mina, Calleja e Joni. Tamén xogaron Pío, Pitu, Cid, David Lamas e Carbajales.
Ficha técnica: aquí.
GALERÍA DO VIVEIRO-ANTELA







Imaxes: @Pablo L. Gil.

Deixa unha resposta