La Región informa na súa edición deste sábado da última fichaxe do Antela: Youssouf Mamad Diabaté, un centrocampista natural de Costa de Marfil, de 28 anos, que vén de xogar no Pedroñeras (Grupo 18 de Terceira REF) e con experiencia tamén no Las Rozas (G. 7), Aceuchal e Villafranca, ambos do Grupo 14, e o Huracán (G. 18).
Diabaté participou en 10 partidos como titular e 10 saíndo desde o banco co Pedroñeras a pasada, anotando un gol. O Pedroñeras acabou descendendo. O ano anterior firmara dous tantos en 28 xogos (23 como titular) no Huracán co que estivo disputando praza de promoción de ascenso até a última xornada.
O xogador fai parte da lista previa de 24 futbolistas chamados por Bruno Gómez para o partido de mañá na Moreira contra o Lalín. Non está Mamadou Bah, o dianteiro nixeriano formado no Girona que disputou os seus últimos minutos diante do Barco.
