Antela F. C. 1919

Club de fútbol da Limia

Musa Dambelleh, novo dianteiro do Antela

Despois de confirmarse a baixa de Iñaki Bellido durante o que resta de tempada, o Antela fichou a Musa Dambelleh Danso, 19 anos, dianteiro de orixe gambiano, procede da canteira do Burgos.


Musa facía parte do equipo xuvenil de Liga Nacional, onde chegou a pasada campaña desde o Granada C.F. Antes formouse no Badalona e no Sant Andreu, e debutou co Atlético Paso (La Palma) en Segunda REF hai dúas tempadas.

Comparte