Gol, vitoria e terceira praza

Un gol de Carlos González no lanzamento dunha falta na frontal que se colou entre a barreira e o porteiro valeu ao Antela para sumar unha nova vitoria na Moreira (1-0 ante o Vilalonga) e ascender até a 3ª praza da clasificación, con opcións claras de alcanzar os play-off de ascenso. Non cede o equipo de Bruno, que chega aos 49 puntos rentabilizando como ningún outro os seus 36 goles (hai dez equipos mellores neste apartado, pero só dous que encaixan menos). A próxima semana o Antela xogará na Queixeira diante do Arnoia, un derbi que chega nun bo momento para ambos clubs, cumpridos os obxectivos de inicio de tempada.

O FILIAL SORPRENDE AO POLÍGONO
Os goles de Joni e Codes mediada a segunda parte serviron ao Antela B para sumar o seu terceiro triunfo na Liga. Foi no campo do Polígono, con Lulo, Carrasco e Xurxo de novo titulares, e Codes desde o inicio. O Antela alcanza os 17 puntos, pero segue colista a 10 da teórica última praza de permanencia (agora ocupada polo Maceda). Restan sete partidos.

O XUVENIL CAE EN VIGO
O xuvenil estivo a piques de dar a sorpresa no campo do Alertanavia. Carlos Pires (no minuto 22) e Lucas Carnero (no 52) puxeron por diante ao equipo que hoxe dirixiu Xurxo Santana. Mais os locales equilibraron rápido o marcado e resolveron no minuto 75 cun tanto de penalti. Malia a derrota (3-2), o Antela continúa 7º na táboa antes de recibir ao Valadares a próxima fin de semana en Xinzo.

O filial cae en Nogueira

NOGUEIRA, 4; ANTELA B, 1. Comentario: Marcou Joni e o Antela B adiantouse en Luíntra contra o Nogueira, que acabou equilibrando o resultado xusto antes do descanso e remontou xusto ao inicio da segunda parte. Eses dous tantos foron unha carga moi pesada para o filial, que empezara o partido con dous dianteiros (Germain e David Lamas) e fixo fronte despois con Álex Teixeira -de regreso despois de meses- na punta. O Nogueira matou o partido no 77 cun tanto de Soriano e, xa no desconto, anotou o cuarto. A vida segue igual para os limianos, que non ceden máis vantaxe coa zona de salvación. O Antela B continúa último, á mesma distancia das prazas de permanencia (perderon o Francelos e o Purísima, agora empatados co Maside, que gañou) e con 48 puntos (16 partidos) por disputar. O próximo, a fin de semana de inicio do Entroido en Xinzo contra o Allariz de Óscar Sabucedo, que hoxe recibiu outra goleada (1-5 na casa diante do Córgomo). Imaxe: Óscar R.

FICHA TÉCNICA: AQUÍ. CLASIFICACIÓN: Aquí.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario