Imaxes
Os goles de Pucho, Charli e Xabi
O rival será o Betanzos
As dúas prazas de ascenso ao grupo I da Terceira REF decidiranse nunhs play-off que constan de dúas eliminatorias a dobre partido.
O Antela (5º no seu grupo) medirase ao subcampión do grupo 1, o Betanzos. A ida será na Moreira o domingo 31 de maio, e a volta no García Hermanos, o 7 de xuño.
O gañador desta eliminatoria enfrontarase na definitiva ao vencedor do Santo Tirso (5º do grupo 1)-Atios (3º do grupo 2).
Avance: O Antela xogará os play-off
O Antela xogará por vez primeira na súa historia o play-off de ascenso a Terceira. Os de Bruno Gómez empataron en casa do Portonovo (0-0) e sumaron o punto que precisaban para amarrar a quinta praza. O Antela rompe todos os seus teitos e chegará á primeira eliminatoria sen presión ningunha e cunha ilusión enorme entre os xogadores, o corpo técnico, a directiva e a afección.
PARABÉNS, LIMIANOS!
A gran oportunidade do Antela
Partidos para a fin de semana
ANTELA – UMIA
Domingo, 17.30 horas na Moreira.
33ª xornada de Preferente Futgal.
LOÑOÁ – ANTELA B
Domingo, 17.30 horas na Carabina.
33ª xornada de Primeira Futgal.
ANTELA – RÁPIDO DE BOUZAS
Sábado, 12.00 horas no Fernández Carrera (Xinzo).
29ª xornada de Xuvenil Preferente Futgal.

De costas á Copa
Un penalti fallado por Cole (antes Pedro fallara outro) na quenda final deixou ao Antela máis unha vez fóra da Copa. Foi nun clásico nocturno diante do Sporting Celanova, cun Mociño no banquiño e tres sobre o campo. Cun Antela que foi de máis a menos con seis limianos no once de saída. Marcou Outeiriño antes do descanso nun rebumbio na área pequena despois de ter fallado Tiago un penalti (o primeiro da noite). Empataron os visitantes cando o partido entraba no tramo final, porque os derbis son así: non hai rival pequeno inda que a semana pasada lle deras un repaso. Despois, nos penaltis, na mesma portería que os penaltis de hai catro anos contra o Barbadás (na contraria aos penaltis de hai ano e medio contra o Barco), o Celanova anotou catro dos cinco lanzamentos e xogará os cuartos a próxima semana contra o Polígono. Caeu o Antela, o favorito, mais estirou a súa serie de partidos invicto na Moreira. O domingo, na Queixeira renovada, outro choque ourensán, contra o Arnoia de Quintairos, Tumbeiro e Peral.
Gol, vitoria e terceira praza
Un gol de Carlos González no lanzamento dunha falta na frontal que se colou entre a barreira e o porteiro valeu ao Antela para sumar unha nova vitoria na Moreira (1-0 ante o Vilalonga) e ascender até a 3ª praza da clasificación, con opcións claras de alcanzar os play-off de ascenso. Non cede o equipo de Bruno, que chega aos 49 puntos rentabilizando como ningún outro os seus 36 goles (hai dez equipos mellores neste apartado, pero só dous que encaixan menos). A próxima semana o Antela xogará na Queixeira diante do Arnoia, un derbi que chega nun bo momento para ambos clubs, cumpridos os obxectivos de inicio de tempada.
O FILIAL SORPRENDE AO POLÍGONO
Os goles de Joni e Codes mediada a segunda parte serviron ao Antela B para sumar o seu terceiro triunfo na Liga. Foi no campo do Polígono, con Lulo, Carrasco e Xurxo de novo titulares, e Codes desde o inicio. O Antela alcanza os 17 puntos, pero segue colista a 10 da teórica última praza de permanencia (agora ocupada polo Maceda). Restan sete partidos.
O XUVENIL CAE EN VIGO
O xuvenil estivo a piques de dar a sorpresa no campo do Alertanavia. Carlos Pires (no minuto 22) e Lucas Carnero (no 52) puxeron por diante ao equipo que hoxe dirixiu Xurxo Santana. Mais os locales equilibraron rápido o marcado e resolveron no minuto 75 cun tanto de penalti. Malia a derrota (3-2), o Antela continúa 7º na táboa antes de recibir ao Valadares a próxima fin de semana en Xinzo.
O Antela segue en play-off a dous meses para o remate da Liga

Últimos resultados
PREFERENTE
X25 | Antela, 3; Choco, 2.
X24 | Pontevedra B, 0; Antela, 0.
X23 | Antela, 2; Tyde, 0.
X22 | Cented, 0; Antela, 0.
X21 | Antela – Sp. Celanova (suspendido)
X20 | Beluso, 1; Antela, 2.
X19 | Atios, 2; Antela, 0.
X18 | Antela, 3; Alertanavia, 0.
X17 | Antela, 1; Portonovo, 0.
X16 | Umia, 1; Antela, 0.
Xogos venres (filial), sábado (xuvenil) e domingo (na casa do líder)
PREFERENTE
Grupo 2. Décimo novena xornada.
Atios – Antela
Domingo 25, ás 17.00 horas no Carballo (Atios, O Porriño).
PRIMEIRA FUTGAL
Grupo 4. Décimo novena xornada.
Antela B – Allariz
Venres 23, ás 20.30 horas no Fernández Carrera (Xinzo).
PREFERENTE FUTGAL XUVENIL
Grupo 3. Décimo sexta xornada.
Antela – Calasancio Monforte
Sábado 24, ás 12.30 horas no Fernández Carrera (Xinzo).

Un soño dentro dos nosos límites
ANTELA, 3; ALERTANAVIA, 0. Comentario: O Antela fai ben catro cousas, pero son catro cousas fundamentais. O demais é talento. Orden e talento, o par no que resumía a esencia do fútbol aquel zorro de Arteixo. Bruno Gómez ten incorporado moita bagaxe e este Antela funciona como un reloj suízo. O resto faino á Moreira, inda que sexa diante da pequena parroquia (menos de 200 espectadores onte).
Os lobos defenden alto, aforrando esforzos ao resto. Entre todos destacou Peruzzo, o punto de equilibrio do equipo que se merendou ao Alertanavia na media hora inicial. Peruzzo ordena a defensa e cada vez manda máis en ataque. Peruzzo é disciplina e coñecemento do xogo. Bruno Gómez prescribe e Peruzzo executa.
Os lobos morden en canto vén unha fenda. Este Antela, polo menos na Moreira, é letal nos últimos vinte metros. Aí onde decide o talento. Tiago Teixeira tivo onte toda a atención que sempre reclama e gozou atacando. Un pase de Carlos -cada vez máis pulido como volante- desfixo a defensa visitante e deixou a Tiago só diante do porteiro.
O Antela puxo todo o xogo e a ambición. Meteu en problemas aos vigueses desde o primeiro pase, e así cazou Charli un balón para plantarse só diante do porteiro visitante e vencelo con puntería. A vitoria parecía segura con máis dunha hora por diante e o Antela dispúñase a celebrar o debut de Lulo.
Lulo é un mozo extrovertido e popular na canteira do Antela. Capaz de xogar como dianteiro nunha apurada do xuvenil hai un par de anos en Lalín, e mostrar a mesma disposición esta tempada o día do Purísima, co B, naquel partido que se torceu todo. Lulo competía este ano con Iago (lesionado hai unhas semanas) pola titularidade do xuvenil, e con Dalama (lesionado Andrés) pola do filial. Un par de erros diante do Velle e do Loñoá no momento máis crítico do Antela B non afectaron a súa autoestima. Lulo tense fe e ten estrela. Un par de semanas despois, onte, debutou como titular co primeiro equipo en Preferente. “Era un soño dentro dos nosos límites”, dixo ao final.
Mais os partidos -sabeo ben o Lulo- cambian nun intre, nun erro de Sabucedo que agrava Pucho, expulsado con media parte por se xogar.
Pucho leva unha Liga perfecta. Cada partido, mellor que o anterior. Un portento físico cunha testa de aceiro e peito de boxeador. Mauro Sabucedo tivo un erro e todo o demais foron acertos. É unha revelación, un volante que topou un oco no lateral e mellora aceleradamente como defensa. Quen xa o coñecían da súa etapa no Arnoia ven un futbolista evolucionado, maduro. Que dure.
O Antela, que con once estivera por riba do Alertanavia, seguíu por riba con dez. Apareceu Constela no campo. Recompúxose a defensa, o equipo meteuse atrás e ameazou á contra. Nada que se escapase aos plans de Bruno Gómez. Orden e talento. E balóns a Negrete, que para, pisa, toca, finta, arranca, vaise, vaise de dous e doutro máis, mira, chuta e fai un gol el só, zancada ampla, balón no pé, disparo seco.
O Antela é cuarto na Liga. Un soño dentro dos nosos límites.
Ficha técnica: AQUÍ | Clasificación: AQUÍ.
