Ω Na estela dos mellores

MOAÑA, 0; ANTELA, 1. Comentario: Un gol de Pedro Castro na primeira parte mantén enganchado o Antela ao pelotón de cabeza nunha xornada na que os 5 primeiros tiñan completado os seus compromisos con vitorias antes de que rematase o xogo dos limianos en Moaña (0-1). Gañaran o Atios, o Arnoia, o Areas, o Pontevedra B e o Lemos… e perdera o Porriño (o sexto). Os de Bruno Gómez escalan até esa posición empatados a 25 co Lemos (5º) e o filial granate (4º), ambos en posicións de play-off de ascenso. O soño limiano continúa. O Antela suma o seu sétimo triunfo e Pedro, o seu cuarto gol (en nove partidos) antes do choque da semana próxima na Moreira co Cultural Areas. Un partido de altura para pechar un gran 2025 na Moreira (restará despois a visita ao Umia, na penúltima xornada da primeira volta).

Ficha técnica: AQUÍ | Clasificación: AQUÍ.

Imaxe: Pablo L. Gil/@AntelaF.C.

O filial queda en mans de Forri e o xuvenil, nas de Peruzzo

Despois da saída de Iván Gómez o luns, Juan Forri é novo adestrador do filial. O ascenso de Forri ao Antela B leva ao futbolista do primeiro equipo Nico Peruzzo a dirixir ao xuvenil, no que seguirá contando con Xurxo e Javi Pérez -futbolistas do filial- até agora axudantes de Forri. “Quen mellor que un home da casa para conducir ao filial! Dende o clube estamos encantados de seguir medrando con el. Desta maneira o organigrama do clube sofre lixeiras variacións pero a idea deportiva dos tres equipo vai pola mesma liña”, avanzou o club este xoves en redes sociais.

Iván Gómez abandona o club

Antela FC e Iván Gómez separan os seus camiños. O clube agradece encomiablemente a labor de Iván durante estes meses de 2025. O Iván vaise co deber cumprido. Ascendeu o equipo e hoxe estamos fóra dos postos de descenso.

Desexámosche moitos éxitos!

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario