O Antela B foi superior ao Allariz durante toda a primeira parte e nos vinte minutos finais do partido, mais volveu agasallar ao rival cun gol ao inicio de segunda parte que igualou o marcador (1-1, que sería o resultado final). Adiantáranse os limianos cun tanto de David Lamas que resolveu un bo pase de Álex Teixeira cun globo sobre o meta local. O tanto, no minuto 33, refrendaba o bo partido do filial, mellor asentado no campo e dominador do balón. Tivo ocasións o Antela para sentenciar o choque.
Xusto tras o descanso, un erro na defensa dunha falta lateral permitiu que o Allariz empatase, e pasase a controlar o xogo cun gran despregue de Iker Rodríguez. O Antela perdeu o sitio e a calma, e pasouno mal durante uns minutos. Cando se recompuxo, volveu ameaza a meta de Miranda, pero Joni mandou fóra o balón nun man a man co porteiro local. Desta volta os cambios non reactivaron o equipo como a semana anterior na Moreira, mais o Antela puido volver a marcar nun disparo de Amine desde lonxe.
O filial puxo o teito moi alto diante do Nogueira, e empatou. Hoxe, nun partido menos inspirado, non perdeu. Hai equipo. Debutaron Pío e Álex Teixeira e Felipe volveu ser titular pola esquerda, e Lamas continúa inspirado.
Ficha técnica: AQUÍ.