Despois da experiencia na Copa Federación (2-1 para o Antela na Moreira), os de Bruno Gómez visitan este domingo ao Gran Peña na terceira xornada de Liga. O choque pouco terá que ver co do pasado agosto. Os dous equipos están máis rodados e, tamén, algo cambiados.
No Antela non xogarán Iñaki Bellido (lesionado) nin Raúl Gallego (que vén de fichar polo Auriense), mais agárdase o regreso de Tiago Teixeira (baixa por sanción contra o Alondras). O Gran Peña acaba de superar o mal comezo de Liga (derrota na casa co Lalín) vencendo a domicilio ao Pontevedra B, e recupera a Peku (central) e Ube (medio centro) expulsados na primeira xornada. Robert Carril suma dous tantos na Liga, un por partido. Carril, formado no Celta, pasou polo Villarreal xuvenil. O Gran Peña é un clásico da categoría, mais hai seis anos, na etapa de Claudio Giráldez (2019-21), estaba en Preferente.
Gran Peña – Antela
Campo de Barreiro (Vigo), domingo ás 18:00 horas. Categoría: Terceira RFEF.
Melias – Antela B
A Abeleira (Melias), domingo ás 19:30 horas. Categoría: Segunda FUTGAL.
Antela Xuvenil – Alertanavia
Fernández Carrera (Xinzo), sábado ás 18:30 horas. Categoría: Preferente Xuvenil.
